7 de xuño de 2022

A GUARDA

A praia do Forte (Camposancos) vai acoller unha actividade medioambiental enmarcada no “Proxecto Libera” da Deputación de Pontevedra  

Que terá lugar o sábado día 11 de xuño, ás 10:00 horas, e na que poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor  




Infogauda / A Guarda

 Dende o Concello de A Guarda animan á poboación guardesa a participar na actividade medioambiental que terá lugar na praia do Forte (Camposancos), o vindeiro sábado día 11 de xuño, ás 10:00 horas.

 Nesa actividade - organizada pola Deputación de Pontevedra xunto con SEO/BirdLife -, que terá unha duración aproximada dunhas 2 horas, recolleránse residuos na praia do Forte (Camposancos). 

 Poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor. Para participar deberán cumprimentar o formulario web habilitado na páxina da Deputación de Pontevedra, sendo importante para poder facerlle un seguro por se houbese un accidente.  

Proxecto “Libera”

 O proxecto “Libera” nace como unha iniciativa de SEO/BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. 

 Desde a súa posta en marcha no ano 2017 “Libera” mobilizou máis de 90.000 persoas e colaborou con máis de 1.500 organizacións e colectivos, e converteuse nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou "1 m2 pola natureza", para mobilizar a todas as heroínas e heroes de “Libera”.

 "1 m2 pola natureza" engloba varias campañas anuais convocadas por “Libera” a nivel nacional, que teñen por obxectivo que todas as asociacións, heroínas, heroes, entidades, empresas e, en definitiva, todas as persoas concienciadas que queiran poidan unirse e tecer unha gran rede de colaboración para loitar unidas e unidos contra a basuraleza en centos de espazos naturais de toda España.  

 O obxectivo é liberar basuraleza destes espazos, pero tamén caracterizala mediante a aplicación dunha metodoloxía estandarizada e coa axuda de ferramentas de ciencia cidadá (aplicacións). A través delas pódese recompilar o maior número de datos posibles, rexistrados no "barómetro da basuraleza". Esta información incorpórase ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para coñecer a cantidade, o volume e o tipo de lixo recollido nestas zonas.  

Localización da actividade: :  

https://goo.gl/maps/YvKE8jeFdXwsUCUk8

Inscricións: 

https://www.depo.gal/es/-/proxecto-libera

Ningún comentario:

Publicar un comentario