21 de xuño de 2022

A GUARDA

A FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA VAI SER PRESENTADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este mércores día 22 de xuño, ás 12:00 horas, no Áula de Cociña do Mercado de Abastos




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda presentará este mércores, día 22 de xuño, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela, o programa de actividades da trixésima edición da Festa da Lagosta e da Cociña  Mariñeira. 

 Os alcaldes de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, inaugurarán e clausurarán, respectivamente, o acto de presentación que terá lugar na Aula de Cociña do Mercado de Abastos (Rúa das Ameas s/nº). 

 Tras as intervencións haberá unha demostración de cociñado e unha degustación dos produtos que se poderán gozar na festa do 1 ao 3 de xullo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario