23 de xuño de 2022

A GUARDA

Comezou en Pavía (Italia) o proxecto “Actúa Verde” 

Que en abril de 2023 dará lugar ao Festival Internacional de Teatro Xuvenil e Medio Ambiente, na Guarda 


Membros da Asociación FOCO, de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  “Actúa Verde” vén de dar novos paso cara adiante. Neste proxecto europeo, a Asociación FOCO, de A Guarda, e Calypso – il teatro per il sociale , de Pavía (Italia), traballarán con 20 mozas e mozos guardeses e italianos de entre 13 e 18 anos. Serán persoas interesadas en reflexionar sobre temas ambientais e que queiran explorar o teatro como experiencia de aprendizaxe. 

 Durante o curso 2022-2023, e cun financiamento europeo de 30.000€, realizaranse talleres de teatro semanais para mozos de 13 a 19 anos cunha iniciativa da asociación FOCO coa colaboración do Concello de A Guarda. 

 Ademais, e para ampliar o impacto do proxecto, desenvolveranse e mostrarán unhas performances sobre cambio climático. Estas actividades presentaranse na Guarda durante a primeira edición do Festival Europeo de Teatro Xuvenil e Medio Ambiente ‘Actúa Verde’, que está previsto realizarse durante o mes de abril de 2023. 

 Dentro deste festival organizaranse actividades para diferentes públicos (talleres de teatro para persoas mozas, tanto participantes do proxecto como outras), crianzas, ou persoas adultas. Todas as actividades cara ao público do festival, durante os dous últimos días da mobilidade de mozos/as, estarán dirixidas á poboación en xeral para aumentar a súa conciencia sobre o cambio climático. 

 Este proxecto realizouse en Pavía (Italia), durante os días 21 e 22 de xuño na sede de “Calypso – il teatro per il sociale”, a asociación italiana socia de FOCO neste proxecto. Durante estes días, os representantes das dúas organizacións tiveron a primeira reunión do proxecto e realizaron un obradoiro de arte e activismo nun centro social da cidade de Pavía, facilitado polo equipo de FOCO.  

 Dende o Concello de A Guarda, a concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos, valorou "moi positivamente esta iniciativa, coma unha aposta polo apoio a todas aquelas iniciativas innovadoras que ofrezan alternativas de ocio e aprendizaxe á xuventude."

Ningún comentario:

Publicar un comentario