23 de xuño de 2022

A GUARDA

Cruz Vermella en Baixo Miño organiza un novo obradoiro 

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos



  

Neli Rodríguez / A Guarda

 Cruz Vermella en Baixo Miño realizará un novo obradoiro de Animación á Lectura, dirixido ás nenas e ós nenos de 6 a 12 anos. Esta actividade terá lugar todos os martes dende o 5 de xullo ata o 30 de agosto, en horario de 10.00 a 12.00, nunha das aulas das instalacións pertencentes a Cruz Vermella na Guarda. Esta actividade enmárcase dentro das accións de Cruz Vermella Xuventude.  

 Dentro destes talleres, que son impartidos por voluntarias de Cruz Vermella, trabállanse diferentes aspectos como despertar o interese cara á lectura; o exercicio e desenvolvemento das capacidades creativas; impulsar o desenvolvemento de habilidades de comunicación verbal ou facilitar a adquisición de novo vocabulario.  

 Os principais obxetivos desta nova actividade son: 

- Potenciar o interese pola lectura. 

- Potenciar a transmisión de diversos valores educativos. 

- Favorecer o desenrolo da creatividade e da capacidade de atención. 

- Favorecer os procesos de toma de decisións desde una perspectiva crítica.  

Para máis información e inscricións: 

Asamblea Comarcal Cruz Vermella Baixo Miño Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo. A Guarda.  Teléfonos: 986 614 609 / 606 348 471

Ningún comentario:

Publicar un comentario