8 de xuño de 2022

A GUARDA

A Guarda pechará o ciclo medioambiental “Sostendo o Futuro” cun contacontos

Terá lugar o xoves día 23 de xuño ás 18:30h, na praia do Forte (Camposancos), non sendo precisa inscrición previa.  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda pechará este mes de xuño o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro programando para o día 23 un contacontos na praia do Forte, dirixido os mais pequenos.

 Nese evento haberá dúas propostas. A primeira nuclearase no contacontos baseado no libro “Os nosos bosques”, de temática medioambiental, da editorial Miudiño, onde amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio,…, para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país, e obviamente falarase do respecto pola natureza a posta en valor dos bosques como recurso. 

 A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños,…, para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país. Este contacontos complementarase con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Forte (Camposancos). 

 Para rematar, en colaboración coa Asociación Cultural Alfombras da Guarda, daráselles de agasallo aos nenos/as uns ramiños das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario