MOITA SOLIDARIEDADE
O presidente e dúas das voluntarias que participaron na recente Operación Quilo, realizada no Supermercado Froiz, na rúa Casal Aboy, de Tui
Foto: Asociación Asistencial SOS TOMIÑO - BAIXO MIÑO
Asociación Asistencial SOS TOMIÑO - BAIXO MIÑO
A Operación Quilo no Supermercado Froiz, na rúa Casal Aboy, de Tui, foi un éxito e tamén un exemplo de colaboración tanto en voluntarios como en persoas solidarias durante esta fin de semana pasada, onde se recolleron para a Asociación Asistencial SOS TOMIÑO BAIXO-MIÑO, a cantidade de 1.709 unidades de alimentos non perecedoiros para familias que asiste esta asociación benéfica nos concellos de todos coñecidos, onde tamén se celebrarán recollidas en diferentes establecementos.
Unha vez máis, moitas grazas pola vosa colaboración, tanto de voluntarios como das persoas que colaboraron xunto coas empresas que fan posible que estes actos axuden a familias con necesidades e en nome destas, moitas, moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario