O xerente da área sanitaria de Vigo visitará Tomiño este xoves
Para reunirse cos portavoces da Corporación Municipal
Infogauda / Tomiño
Francisco Javier Puente, responsable del área sanitaria de Vigo visitará este xoves Tomiño para manter unha reunión cos portavoces dos tres grupos políticos que integran a Corporación Municipal, despois de que se solicitara o encontro en outubro do ano pasado.
Os grupos políticos da corporación (PSdG-PSOE, PP e BNG) plantexarán ao xerente a situación alarmante na que se atopa o centros de saúde tomiñés ante a falta de persoal e as conseguintes deficiencias na asistencia primaria. Tamén abordarán a reapertura do consultorio de Goián, que leva pechado dende o comezo da pandemia. A reunión será ás 10 da mañá no Salón de Plenos do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario