4 de maio de 2022

TOMIÑO

A proposta do Grupo Municipal Socialista

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE TOMIÑO ACORDOU INSTAR AO GOBERNO ESPAÑA A SÚA POSTURA SOBRE O SÁHARA OCCIDENTAL


Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal Socialista no Concello de Tomiño

GMS / Tomiño

 No pasado pleno do Concello de Tomiño, celebrado o día 3 de maio, o Grupo Municipal Socialista defendeu tres moción rexistradas para someter a debate na sesión, resultando todas aprobadas. A primeira das mocións debatidas foi unha proposta de acordo instando ó Goberno español a reconsiderar a súa postura sobre o Sáhara occidental. Tamén unha proposta de acordo promovida pola Organización Galega de Comunidades de Montes solicitando o apoio da Corporación á súa iniciativa lexislativa popular. 

"CRUCE DO PUNTO" EN GOIÁN

Así mesmo, as socialistas conseguiron que o plenario aprobara por unanimidade a moción sobre o "cruce do Punto" en Goián, na que se solicita acometer a maior brevidade posible a obra de ensanche do citado cruce en dirección a San Lourenzo, A Gándara, Soutelo e Figueiró. Violeta de Santiago e Mirta Misa móstranse moi satisfeitas, pois consideran esta actuación necesaria, urxente e prioritaria para a veciñanza, pois é un punto negro no que se refire a seguridade do tráfico rodado e das persoas o carecer de beirarrúas, ser un paso estreito e con moi pouca visibilidade. 

APROBADA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA PRESENTADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO

 Tamén foi aprobada por unanimidade a proposta presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño en representación de SOS  Sanidade pública, que logrou unha declaración institucional da corporación municipal en defensa da sanidade e o apoio explícito á manifestación que terá lugar o xoves dia 12 de maio en Vigo. 

 Por outra banda as socialistas rexeitaron aprobar a modificación de créditos levado polo goberno local, pois consideran que unha vez máis, os tempos e as formas non son as adecuadas. Unha modificación de máis de 600.000€, levada por urxencia ás Comisión de asuntos plenarios mesmo sen estar rematada a redacción o inicio da propia Comisión e con erros importantes nos importes, o que impediu acceder a documentación nese momento. A voceira socialista, califica de improvisada e claramente electoralista esta modificación, que da o pistoletazo de saída á precampaña por parte do goberno do BNG, e afeóulle a dobre vara de medir á hora de defender a filosofía de Francesco Tonucci dependendo do calendario electoral, pois si cando o PSdeG defendía a necesidade de crear parques infantís, a contestación era que os elementos de xogo estaban obsoletos,… Por qué agora de repente son necesarios e urxentes tanto nas parroquias como no centro? 

PREGUNTAS FEITAS POLAS CONCELLEIRAS SOCIALISTAS

 Tamén preguntamos polo cambio de nome do campo de fútbol municipal do "Regatiño"; polo destino das pedras da antiga casa médica; pola falta de alumeado público nalgún lugar; polos horarios da aula de estudo e pregamos campañas de limpeza viaria e de sensibilización e concienciación ante o auxe de verquidos de lixo incontrolados, entre outras moitas cousas que nos demanda a veciñanza. 

 Así o levamos feito dende o minuto un deste mandato, como se pode comprobar nas actas e agora por fin (despois de máis de dous anos solicitándoo sin resultado) nas gravacións dos plenos. É a nosa obriga e responsabilidade e así o seguiremos a facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario