OR.PA.GU. PRESENTARÁ EN NAVALIA AS NOVIDADES DE DIGIPRO
O proxecto de mellora da canle de comunicación con altamar
Infogauda / A Guarda
A Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) presentará este mércores en Navalia (Feira Internacional da Industria Naval de Vigo), que estáse celebrando no Instituto Feiral de Vigo - IFEVI; as novidades de DIGIPRO, o proxecto de mellora da canle de comunicación con altamar impulsado por OR.PA.GU., que permite deseñar un sistema de dixitalización para o control de parámetros crave na frota.
Os palangreiros de A Guarda buscan con esta nova acción de investigación mellorar a competitividade da súa actividade, reducir a emisión de CO2 á atmosfera, demostrar a utilidade da dixitalización dos procesos a bordo e posibilitar a transferencia tecnolóxica ao sector pesqueiro español.
Lugar: Caseta da Xunta de Galicia en Navalia
Data: Mércores, 25 de maio de 2022.
Hora: 12:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario