O Campus de Fútbol “O Rosal” volve cunha nova edición
Estará impartido por monitores titulados e conta coa organización da U.D. Ribera e a colaboración do Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
O próximo mes de xullo terá lugar a 5ª edición do Campus de Fútbol “O Rosal”. Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos e celebrarase entre os días 04 ao 29 de xullo. Existen 4 rangos de prezo diferentes cun descuento de 10€ para irmáns:
• Tarifa Mensual do 04 ao 29 de xullo – 150€
• Tarifa Quincena – 85€
• Tarifa Mensual Madrugadores – 160€
• Tarifa Quincena Madrugadores – 90€
As actividades realizaranse nas instalacións deportivas de A Mata e no polideportivo do Colexio Suárez Marquier. O horario será de 10:00 a 14:00 h, con entrada ás 09:00 h na modalidade “Madrugadores”.
No campus realizaranse adestramentos técnico-tácticos, traballo de coordinación, competición, e mesmo contará cun apartado de adestramento específico para porteiros. Tamén haberá charlas formativas impartidas por deportistas de élite e coloquios sobre temas tan necesarios como a prevención de lesións e, por suposto, diversión.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explica que “o obxetivo deste Campus de fútbol é que os nenos e nenas coñezan unha alternativa positiva de lecer e adopten hábitos de vida saudables ao tempo que comparten experiencias e se divirten”.
As inscricións xa están abertas e poderán formalizarse ata o 14 de xuño de martes a xoves entre as 16:30 h e as 19:30 h..
Máis info no teléfono 627 66 34 29.
Ningún comentario:
Publicar un comentario