4 de maio de 2022

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES DA GUARDA É CONDENADA A ACEPTAR A 28 VECIÑ@S DA GUARDA COMO COMUNEIR@S  

Afectadxs Comunidade de Montes da Guarda

 Despois de case 4 anos de espera, e un longo camiño, 28 de veciñ@s da Guarda ven por fin como a xustiza lles dá a razón, condenando a Comunidade dirixida por Celso Juan R. Fariñas e Manuel Castro Vicente a aceptar a todos e cada un dos demandantes.  

 A sentencia é fulcral e contundente ao respecto, dándolle a razón a totalidade dos demandantes, e aceptando todas e cada unha das súas demandas.  

 Aínda que contra esta sentencia cabe a posibilidade de recurso, podendo dilatarse o proceso outros 6-8 meses ata unha sentencia final, dende a Plataforma Veciñal aseguran que “ven o final moito mais preto, e que ao final farase xustiza, devolvéndose o monte aos seus veciñ@s, como nunca debeu deixar de ser”.  Tamén aseguran que todo este proceso se puido levar a cabo “grazas a unidade veciñal contra o caciquismo local, que ven actuando dende hai moitos anos como se todo fora deles, sen dar explicación algunha a ninguén”.  

 Por último, e coma sempre fan un último chamamento a toda a veciñanza guardesa, indiferentemente da súa idade, condición ou ideoloxía a solicitar a súa entrada na Comunidade de Montes, para facela así verdadeiramente diversa e democrática.  

 “Tod@s @s guardesas/es se deben dar de conta, de que o monte tamén é seu, e aínda que non teñan interese nel, teñen que saber que está secuestrado por un grupo de persoas que non queren dar contas ao resto de veciñ@s do que está a pasar aí dentro. E agora é o momento de dar un paso adiante e defendelo.” 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario