NOVOS ÉXITOS PARA O GRUPO “DANSÁ”
Do Centro Deportivo Baixo Miño, de A Guarda
Redacción / A Guarda
O grupo de danza “DanSá”, do Centro Deportivo Baixo Miño, de A Guarda, non deixa de sorprender en cada concurso no que participa. Nesta ocasión foi no Vigo Porté, prestixioso concurso internacional de varios estilos de baile onde conseguiron dous galardóns:
1º Premio en estilo musicais, para a coreografía grupal “Whitney”, que estrearon nese evento, na cal actuaron 18 bailarinas do centro.
2º Premio en estilos musicais, foi unha vez máis para a bailarina Ruth Carrera co seu só “Pantera Rosa”.
Parabéns a todo o grupo polo gran traballo que están a realizar e ao seu coreógrafo e profesor Rubén de Sá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario