24 de maio de 2022

A GUARDA

A Guarda acollerá á presentación do libro “Unha etapa estelar e conflitiva da Galiza”, de Francisco Rodríguez  

Terá lugar no Centro Cultural, o xoves día 26 de maio ás 20:00h.




Infogauda / A Guarda

 O Centro Cultural de A Guarda, acollerá o vindeiro xoves día 26 de maio de 2022 ás 20:00h, a presentación do libro “Unha etapa estelar e conflitiva do Reino de Galiza”, de Francisco Rodríguez Sánchez, doutor en Filoloxía Xermánica, pola Universidade de Santiago de Compostela.

 A presentación contará coa presenza do propio autor e da escritora Marta Dacosta Alonso.   

 O libro trátase do primeiro volume dunha obra que percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV. Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.  

 Este tomo I céntrase en evidenciar a relevancia do reino de Galiza analizando, debatendo e tirando conclusións tanto desde a historiografía oficial e académica como desde as fontes documentais existentes. E, naturalmente, tomando en consideración a importante, e desconsiderada, historiografía que se ten esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario