25 de maio de 2022

A GUARDA

Degusta Europa chegará novamente á Praza de Abastos da vila

O vindeiro martes día 31 de maio, en horario de 11:00 a 12:00h  




Infogauda / A Guarda

 Un ano máis a Deputación de Pontevedra celebra o Día de Europa, no que se conmemora a “Declaración de Schuman” asinada en 1950, lanzando o exitoso programa “Degusta Europa”. Unha actividade  que se está realizando nos mercados locais de O Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda.   

 Nesta iniciativa participan alumnado e profesorado dos  Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza, de Pontevedra e Manuel Antonio, de Vigo, encargados da preparación da degustación.  

 O Concello de A Guarda leva tres anos participando nesta iniciativa. Este será o cuarto ano que se realizará, contando cunha gran afluencia e espectación por parte dos clientes e usuarios habituais da Praza de Abastos Municipal.  

 O obxectivo do Concello de A Guarda ao participar nesta iniciativa é promocionar e dinamizar o mercado municipal, pero sobre todo dar mostra da calidade dos produtos que ofrecen os nosos praceiros e praceiras, xa que os pratos serán elaborados con produto adquirido no propio mercado.  


Saborosas propostas culinarias 
Fotos: D.PO.


 A proposta culinaria que ofrecerá nesta ocasión o CIFP Manuel Antonio ás persoas que se atopen na praza durante o evento consistirá nunha cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brocheta de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario