16 de maio de 2022

A GUARDA

A previsión meteorolóxica obriga a realizar cambios na programación das Letras Galegas 2022 na Guarda  

O contacontos previsto para ás 12:00h vai ser aprazado para o día 28 de maio.  

O Festival das Letras Galegas muda de sitio, celebrándose finalmente no Pavillón Municipal da Sangriña.




Infogauda / A Guarda    

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que "debido á previsión meteorolóxica desfavorable para a xornada deste martes día 17 de maio, as actividades programadas quedan modificadas. O contacontos Florencio nas Ondas vai ser aprazado á xornada do sábado 28 de maio ás 12h. Informarase proximamente do lugar para a súa realización.      

 Do mesmo xeito, o Festival Día das Letras Galegas previsto para celebrarse no auditorio de San Bieito trasladarase ao pavillón municipal da Sangriña mantendo o seu horario das 19h. Ese evento cultural congregará a varios grupos de baile e música tradicional da nosa localidade para render tributo a Florencio Gurriarán, contará coas actuacións das seguintes agrupacións: Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, Doxe nun ano, A Boalleira,  Studio 88, Trebón dos Xidos e Na beira do Miño (CEIP A Sangriña).

Ningún comentario:

Publicar un comentario