AS XOGADORAS DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS, SUBCAMPIOAS DA COPA DA RAÍÑA 2022 DE BALONMAN FEMININO, RECIBIDAS NA CASA DO CONCELLO DE A GUARDA
Alcalde e membros da corporación municipal do Concello de A Guarda coas xogadoras do Mecalia Atlético Guardés - subcampioas da Copa da Raiña, 2022 de balonmán feminino -, equipo técnico e directivos do club
Fotos: F.B.
Infogauda / A Guarda
Onte celebrouse no salón de plenos do Concello de A Guarda, a recepción oficial das xogadoras do club Mecalia Atlético Guardés, por haber logrado proclamarse subcampioas na Copa da Raíña de balonmán feminino 2022.
O acto contou coa asistencia do alcalde e membros da corporación municipal de A Guarda; corpo técnico, directivos e xogadoras, que recibiron os merecidos parabéns dos representantes da cidadanía de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario