22 de maio de 2022

A GUARDA

Presentación na Guarda do libro Unha Etapa Estelar e Conflictiva de Galiza

Será no Centro Cultural,  o vindeiro xoves 26  ás 20h




A. C. Xuliva / A Guarda

 O vindeiro xoves 26 terá lugar na Guarda a presentación do último libro de Francisco Rodríguez, “Unha Etapa Estelar e Conflictiva do Reino de Galiza”. Será ás 20h no Centro Cultural, e contaremos coa presenza do propio autor e da escritora Marta Dacosta.   

 O libro trátase do primeiro volume dunha obra que percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV. Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.  

 Este tomo I céntrase en evidenciar a relevancia do reino de Galiza analizando, debatendo e tirando conclusións tanto desde a historiografía oficial e académica como desde as fontes documentais existentes. E, naturalmente, tomando en consideración a importante, e desconsiderada, historiografía que se ten esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península. 

 Agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario