28 de maio de 2022

A GUARDA

ROBALEIRA ORGANIZA UNHA ESCOLA DE REMO

Dende o 14 de xuño ata finais de xullo de 2022




Infogauda / A Guarda

 O Club de Remo Robaleira, coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra, organiza unha escola de remo.

 A devandita escola comezará o vindeiro día 14 de xuño e rematará a finais de xullo.

 Serán dous días - martes e xoves - á semana, en horario de 11:00 a 13:00 horas.

 Os/as participantes recibirán leccións básicas de remo e interactuarán co mar. Tamén coñecerán e practicarán regoergómetro, xogos e outras actividades.

 As prazas son limitadas.

 Para anotarse hai que chamar o teléfono / Whatsapp 621 053 859.

Ningún comentario:

Publicar un comentario