CONCENTRACIÓN CONTRA OS ABUSOS BANCARIOS
Este xoves día 21 de abril, ás 11:00 horas, no cruce de Colón
Participantes nunha mobilización precedente
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo convoca unha concentración este xoves día 21 de abril, ás 11:00 horas, no cruce de Colón para rexeitar os abusos que están a cometer as entidades financeiras e reclamar unha atención digna. Con esta protesta denunciarán que os bancos discriminan a multitude de cidadáns, “sobre todo ás persoas maiores, especialmente das zonas rurais do país, ao fiar todo á banca electrónica”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario