A OMIX suma adestramento canino e cestería á súa oferta de formación
Esta fin de semana terá lugar un evento de mapeo de vídeos na Casa do Concello de Tomiño, cunha proxección sobre a fachada do inmoble
Infogauda / Tomiño
Últimos días para anotarse no obradoiro de mapedo de vídeo organizado
pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), esta fin de semana no
Concello de Tomiño. Na páxina web www.tomino.gal,
segue aberto o prazo de inscrición para aprender a proxectar imaxes en
movemento e con música.
Dende
Navarra e a bordo da súa máquina voadora chega a Tomiño o artista visual Miguel
Martínez Caraballo para impartir un obradoiro de mapeo de vídeos o vindeiro
venres, 8 de abril. O alumnado participará activamente durante dous intensos
días de formación e proxectará sobre a fachada do concello o videomapping
realizado.
Horario curso: venres e sábado
de 19h a 21h
EVENTO MAPEO DE VIDEO: sábado ás 22h
Idade: A partir de 12 anos
Lugar: Salón de Plenos do Concello de
Tomiño
Prezo: 20€
Outra proposta para
este mes é un curso teórico-práctico de pintura básica
impartido por Gemma Marqués, co obxectivo de entender a teoría da cor, aprender
a misturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor, aplicalas
nos cadros e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida.
Data de inicio: mércores 20 de
abril
Horario: mércores de 17h a 18.30h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: OMIX Tomiño
Data de finalización: 11 de maio
Prezo: 15€
Ademais xa é posible facer a
inscrición para os NOVOS CURSOS DE MAIO
CURSO
DE ADESTRAMENTO CANINO (iniciación)
Neste curso impartiranse nocións para lograr unha boa comunicación con cans e
cadelas; diferentes opcións de materiais dispoñibles no mercado; utensilios de
paseo, correas, arneses ou colares, xoguetes etc. Coñeceranse as necesidades
das mascotas, como satisfacelas axeitadamente e as bases do adestramento básico
para o día a día, como por exemplo unha chamada efectiva. As persoas
interesadas deberán asistir ao curso coa súa mascota, aínda que se permitirá
tamén a asistencia de persoas en calidade de oíntes.
Data de inicio: sábado 7 de maio.
Horario: sábados de 11 a 13h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián
Data de finalización: 4 de xuño.
Prezo: 20€
CURSO
MONOGRÁFICO DE CESTERÍA: A CESTA MIXTA
Curso especializado nunha peza en particular, neste caso, a cesta mixta. Este
curso dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Na primeira
parte aportaranse datos detallados sobre a peza a tratar e datos sobre a
identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá
a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza, coa guía que aporte o
docente.
Data: día sábado 21 de maio
Horario: de 10 a 13h e de 16h a 20h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián
Prezo: 10€
CORRECCIÓNS IMPORTANTES DATAS CURSOS OMIX
No día de hoxe, xoves 7 de abril de 2022, recibimos do Concello de Tomiño, un correo electrónico coas seguintes indicacións:
Pregamos corrixades dous cambios que nos envían desde a OMIX Tomiño, en relación ás datas dos cursos para os vindeiros meses:
1) En primeiro lugar, o obradoiro de vídeo mapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, por razóns de forza maior, tivo que retrasarse para a fin de semana do 23 e 24 de xullo.
2) En segundo lugar, o curso de adestramento canino comezará o sábado 14 de maio e rematará o sábado 11 de xuño.
PERDOADE AS MOLESTIAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario