Lectura, linguaxe e lecer, eixes claves do novo ciclo de charlas de ‘Educando en familia’
O programa posto en marcha polo Concello do Rosal continúa este venres 29 de abril ás 19.00 h no Centro Social Polivalente
Infogauda / O Rosal
O
programa ‘Educando en familia’ chega ao seu fin este curso escolar cun novo
ciclo de charlas durante os meses de abril, maio e xuño para continuar dando
resposta a moitas das inquedanzas coas que día a día se atopan nais e pais.
Tres novos encontros que pecharán unha programación “coa que se abordaron temas
moi variados sobre a educación e a crianza e que permitiron achegar ás familias
ferramentas prácticas para a vida cotiá”, como explica a alcaldesa, Ánxela
Fernández Callís.
Coincidindo
co mes do libro no Rosal a primeira charla terá lugar este mesmo venres 29 de
abril e abordará un tema tan relevante como a ‘Importancia da lectura na
infancia: claves para promovela’. A pedagoga Eva Gándara falará sobre os
beneficios do contacto coa lectura na primeira infancia, dará recomendacións
para crear espazos e hábitos lectores e facilitará exemplos de lectura de
interese de 0 a 6 anos sobre diferentes temáticas.
O
venres 27 de maio será a quenda de ‘Ensinar a comunicar: desenvolvemento da
linguaxe e prevención de dificultades’, coa logopeda Lorena Guerra. A educadora
social Angelina Gándara porá o punto final ao ciclo de encontros deste curso o
17 de xuño coa súa conferencia sobre ‘O uso do lecer na infancia: ocios
educativos e nocivos’.
Todas
as charlas serán ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre
ata completar aforo, aínda que pode facerse inscrición previa a través da webdo Concello para reservar praza. Co obxectivo de facilitar a asistencia das
familias a estas charlas, ofertarase un servizo de canguro cun mínimo de 5
prazas cubertas para o que si é necesario reservar e confirmar asistencia.
A
rexedora anima a toda a veciñanza a participar en todos os encontros
programados nesta actividade coa que se quere “apoiar a todas as familias
rosaleiras que están en plena crianza, unha tarefa complexa que pode xerar
moita inseguridade e medos en todos os pais e nais”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario