O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos
A proba de BTT-Maratón presentouse esta mañá no Concello de Tomiño
Será o sábado 7 de maio e contará con máis de 450 participantes nas categorías de parellas e individual
Foto. C.T.
Infogauda / Tomiño
Tras dous anos de receso por mor do Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.
A proba de BTT-Maratón por parellas e individual, que organiza a firma
Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar o sábado 7 de maio
con máis de 450 participantes chegados desde as comarcas do Baixo Miño e Val
Miñor, resto do sur de Pontevedra e diferentes puntos de Galicia e Portugal.
Así o indicou Santi Sánchez, responsable da
organización na presentación da proba, celebrada esta mañá no salón de plenos
do Concello de Tomiño, coa asistencia da alcaldesa Sandra González; a deputada
provincial Raquel Giráldez (en representación da Deputación de Pontevedra,
entidade colaboradora); o concelleiro de Deportes, Fran Campo e o responsable
do ximnasio tomiñés Meu Fit, Mauro Blanco, que facilitará baños, duchas e
vestiarios o día da proba.
Nesta edición 2022 haberá dous percorridos: un de longa distancia (104
Km. parellas) e outro de corta distancia (62 Km. individual). A saída será ás 9
da mañá desde a Praza do Seixo, a carón do Concello de Tomiño, patrocinador
institucional do desafío.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da
organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta,
desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado pola Serra de Argallo e da
Groba, dous das serras máis importantes do sur das Rías Baixas, que porán a
proba a resistencia dos ciclistas, pasando tamén polos concellos de O Rosal,
Oia, Baiona e Gondomar.
Ao finalizar a proba haberá duchas, comida e servizo de fisioterapia para
todos os participantes.
Como comentou o concelleiro Fran Campo, “na actualidade, o Desafío Terras
de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as
súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario
a nivel rexional e nacional”.
Desafío Terras de Turonio 2022.
SÁBADO 07 MAIO
Lugar:
Tomiño (Praza do Seixo).
Ruta longa
08:00 a
08:45 Retirada de dorsais.
09:00 Saída
proba.
14:00
Chegada primeiros participantes.
Ruta curta
08:00 a
09:30 Retirada dorsais.
10:00 Saída
proba.
13:00
Chegada primeiros participantes.
PERCORRIDO
RUTA CURTA:
Distancia
total:
61
quilómetros.
Desnivel
positivo acumulado:
1.300 metros.
Avituallamientos:
1. Km 17
Goián (Tomiño). Líquido.
2. Km 31
Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3. Km 50
Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
Puntos
craves da proba:
Km 17 - Subida "O Muro" (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 - Subida Canteiras (Lonxitude 2'5km. Dificultade 5).
Km 33 - Subida Barrantes (Lonxitude 2'9km. Dificultade 2).
Km 36 - Tramo "Camiño de cabalos"
(Lonxitude 2km Dificultade 5).
PERCORRIDO
RUTA LONGA:
DISTANCIA TOTAL:
104
quilómetros.
DESNIVEL
POSITIVO ACUMULADO:
2.700 metros.
AVITUALLAMIENTOS:
1.Km 17
Goián (Tomiño). Líquido.
2.Km 31
Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3.Km 52
Mougás (Oia). Líquido.
4.Km 72 Chan
dá Lagoa (Baiona). Sólido | Líquido.
5.Km 92 Vilachán
do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
PUNTOS CRAVE
DA PROBA:
Km 17 - Subida "O Muro" (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 - Subida Canteiras (Lonxitude 2'5km. Dificultade 5).
Km 33 - Subida Barrantes (Lonxitude 2'9km. Dificultade 2).
Km 36 Tramo "Camiño de cabalos"
(Lonxitude 2km Dificultade 5).
Km 57 - Subida Curro de Mougás (Lonxitude 2'4km. Dificultade 5).
Km 80 - Subida Groba (Lonxitude 3'5km. Dificultade 4).
REGULAMENTO
O DESAFÍO
TERRAS de TURONIO é unha proba BTT de longa distancia que se celebrará o
07.05.2022 e que se pode disputar sobre dúas distancias:
-Distancia
longa 104km. (PARELLAS)
-Distancia
curta 62km. (INDIVIDUAL)
1.Haberá 5
grupos de idade para os participantes na distancia longa (Parellas):
Masculina.
Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.
Feminina.
Con licenzas da categoría feminina.
Mixta. Cando
os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.
Veteranos.
Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.
Centenarios.
Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.
2.Poderanse
confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa
licenza sexa distinto.
3.Os
participantes da distancia curta (Individuais) dividiranse en masculino e
feminino.
4.Recibirán
obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.
5.Recibirán
tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario