Román Rodríguez salienta o papel da preservación dos bens patrimoniais na construción da historia
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación do Caderno de Estudos Galegos ‘Los monasterios del Reino de Galicia entre 1705 e 1540: de la reforma gregoriana a la observante’ do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na presentación do Caderno de Estudos Galegos ‘Los monasterios del Reino de Galicia entre 1705 e 1540: de la reforma gregoriana a la observante’, editado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia.
O titular de Cultura da Xunta referiuse á importancia de levar a cabo investigacións como esta porque “abren a porta a coñecer o valor real de canto aínda forma parte da xeografía urbana de Galicia e fitos da nosa historia recente”. En concreto, fixo mención aos mosteiros galegos protagonistas da publicación que engaden “valor patrimonial ás vilas e, ao mesmo tempo que permiten fortalecer os vínculos de poboación que aínda hoxe se erguen ao seu redor”.
Román Rodríguez salientou, ademais, a necesidade de traballar xuntos desde distintas institucións para conservar os bens porque, como engadiu, “a historia constrúese tamén desde a preservación dos nosos bens patrimoniais e nese traballo é fundamental que todos sumemos forzas”, expresou en alusión, entre outras iniciativas, a algunhas postas en marcha pola Xunta como o reforzo no investimento da recuperación patrimonial ou estratexias como o Plan Catedrais, para a súa posta a punto.
Visión histórica do monacato
O novo libro concíbese como un díptico co que se ofrece unha visión do monacato en Galicia entre finais do século XI, cando se pon en marcha a reforma gregoriana, e as décadas iniciais do século XVI, cando se pecha a reforma observante. É obra de Francisco Javier Rodríguez Pérez, licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia pola Universidade de Santiago. As súas liñas de investigación versan sobre o estudo das institucións eclesiásticas e o da administración territorial, centrándose no Reino de Galicia, con especial atención ao Arcebispado de Santiago e ao Bispado auriense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario