28 de abr. de 2022

A GUARDA

A exposición escolar “El Mundo de los sellos”  

Estivo no CEIP A Sangriña


A directora do CEIP A Sangriña, con Leire, Juan Carlos Blanco, Marila, Marta e unha representación do alumnado do centro educativo
Reportaxe fotográfica: Marila Abad, Marina Rodríguez, Marta Verde e Juan Carlos Blanco


Marta Verde Rodríguez* / A Guarda

 Esta semana, do 25 ao 27 de abril, estivo no colexio CEIP A Sangriña a exposición itinerante “El Mundo de los sellos”. 

 Esta exposición, que percorre o territorio nacional e que a fai conxuntamente Correos e FESOFI (Federación Española de Sociedades Filatélicas), estivo impartida polo monitor nacional de filatelia xuvenil,  Juan Carlos Blanco Calvo.    


Sobre do CEIP A Sangriña franqueado cos selos personalizados feitos exclusivamente para o centro, cos cuños postais da Guarda e da Itinerante. Fermoso agasallo de parte de Correos e FESOFI xa que lle agasallaron con varios pliegos destes selos, para que os cativos escribirAn a súa primeira carta
 

 Un dos fins desta mostra é achegar aos máis cativos a filatelia. Dependendo as idades (dende infantil a 6º de primaria), así é o contido, obviamente. Descubriron cal foi o primeiro selo no mundo e en que ano saíu, ao igual que o de España, como se lavan, os distintos envíos, coas distintas formas e distintos tipos de materiais xa que, non só se fan de papel  e, os centos de temas que podemos atopar neles. 



Distintos momentos da explicación na clase de filatelia
Marta Verde, informando ao alumnado do CEIP A Sangriña sobre á exposición filatélica


 Ao remate das clases filatélicas, un pequeño test onde o que non tivera ningún erro levaba un fabuloso agasallo. Ainda que, todos os nenos levaron para casa selos para empezar a coleccionalos e algún que outro agasallo máis.

 Polo percorrido da exposición, que estaba na planta baixa do centro, amosáronse curiosidades filatélicas que os nenos e nenas lles encantou descubrir, ao igual cos mestres e mestras.


  Foto de familia con Marila, Barros, Marta, Juan Carlos, Isabel, Leire, Vanesa, Marga e Manuel

 O día 26, con motivo da presentación do selo “Naturaleza. Monte Santa Trega. A Guarda. Pontevedra”, achegouse ata o centro a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díaz Castro, acompañada por Manuel Reboredo, xefe de sector; Marga Señoráns, xefa de sector; e Vanesa Fornás, do departamento de comunicación.  

 Alí a recibiu a directora do centro, Isabel Lomba; o monitor nacional de filatelia xuvenil, Juan Carlos Blanco; e a secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Marta Verde. Con eles tamén estaban, a secretaria da Federación Galega de Sociedade Filatélicas (FEGASOFI), Marila Abad; o vogal, José Barros, e Lina. 

 Despois de intercambiar unas verbas, Juan Carlos fixo un percorrido explicativo con todos os asistentes pola mostra. 






 O remate, entrega dun agasallo a directora do CEIP A Sangriña, onde tivo un emotivo intercambio de agradecementos por ambas as dúas partes, parecéndolle una mostra moi educativa e interesante para toda a rapazada. 


* Secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario