24 de mar. de 2022

CULTURA

ATADEIRAS DE REDES E TRIPULANTES DO VOLANTEIRO PIUEIRO, ESTIVERON NO MUSEO DO POBO GALEGO

Na estrea en Santiago de Compostela, de dúas curtametraxes de Xisela Franco


O alcalde e a concelleira de Cultura do Concello de A Guarda cunha representación da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e da Asociación Cultural de Emnarcacións Tradicionais Piueiro, e veciñas/os da nosa vila, nas esceleiras de acceso ao Museo do Pobo Galego
Fotos: Santiago Baz Lomba

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Na tarde de onte, mércores día 23 de marzo de 2022, puxeron rumbo á capital de Galicia, ás atadeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia; varios directivos - entre eles o presidente, Joaquín Cadilla Castro - e membros da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, entidades guardesas vencelladas, ambas as dúas, a etnografía marítima, que protagonizan as dúas pezas curtas de Xisela Franco, sobre a cultura mariñeira no concello de A Guarda. Tamén asistiron o alcalde de A Guarda Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, membros da corporación municipal, un técnico de Turismo, e unha representación da veciñanza guardesa.


O presidente da Asociación Piueiro e dúas integrantes da Asociación de Rdeiras Atalaia, coa coordinadora do acto
Na imaxe - a esq. en primeiro termo -o alcalde de A Guarda xunto con varios membros de Piueiro e da Asociación de Redeiras Atalaia
Vista parcial da sala onde tivo lugar á presentación das curtas, nos momentos previos ao comezo do acto

 O motivo desa viaxe á capital de Galicia, foi para participar nunha xornada que estivo enmarcada dentro das actividades paralelas que ofrece a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), do Museo do Pobo Galego.

 Respecto as pezas presentadas, compre salientar que trátase de dúas creacións desenvoltas polo proxecto Atlantic CultureScape / A Guarda, que visibilizan o patrimonio inmaterial da vila, onde a súa xente, o mar e a cultura mariñeira son os elementos vertebradores. Desta forma, as dúas pezas audiovisuais - que inclúen imaxes cinematográficas en branco e negro, da autoría de Joaquín García Portela "Costiña" - aproxímanse ao mundo do mar desde a etnografía experimental. Unha visión entre o documental, o canto popular e a poesía, que nos achega ao mundo mariñeiro de A Guarda e as súas xentes.   

 Despois de ver as fermosas curtas que lles fixo Xisela Franco, o público non parou de facer preguntas que emocionaron ao auditorio.


A esquerda da imaxe, unha persoa do público, plantexou varias preguntas que foron oportunamente atendidas por representantes da Asociación de Redeiras Atalaia e da Asociación Piueiro

Atadeiras e tripulantes do volanteiro Piueiro, onte á tarde no Museo do Pobo Galego

 Ademais das creadoras do documental, a devandita xornada asistiron como antes indicamos, as persoas protagonistas, integrantes da Asociacion de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, que pecharon a xornada cun animado faladoiro no que participaron varias persoas que asistiron ao evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario