17 de feb. de 2022

SOCIEDADE

Movilización estatal pola ILP para regularizar ás persoas migrantes   

Este 19 e 20 de febreiro o movemento estatal #RegularizaciónXa sae en máis de 16 cidades para dar a coñecer a Iniciativa Lexislativa Popular, impulsada en confluencia con varias organizacións, e recoller 500 mil sinaturas para a regularización das 500 mil persoas migrantes en situación administrativa irregular en España.   




Infogauda / Galiza

 #RegularizaciónXa, conformado por decenas de colectivos e redes migrantes organizadas para esixir os seus dereitos en medio da pandemia durante abril do 2020, sae ás rúas novamente este 19 e 20 de febreiro nunha macro recollida de sinaturas enmarcada no lanzamento da campaña pola Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización de todas as persoas migrantes sen papeis dentro do Estado español.    

 Dende o seu nacemento #RegularizaciónXa puxo na axenda política e mediática a necesidade dunha regularización urxente, amplia e sen condicións para as persoas migrantes indocumentadas por unha cuestión de dereitos e de xustiza social e co fin de sair todas xuntas da crise sanitaria.   

 Esta iniciativa é asumida como un novo exercicio de democracia directa e é liderada por colectivos migrantes e antirracistas a través dun traballo de incidencia política e activismo para denunciar a situación administrativa irregular de colectivos que na súa gran maioría estiveron en primeira liña durante ista prolongada crise sanitaria, exercendo traballos esenciais para prover nos coidados, a alimentación e a prestación de servizos.   

 “Hai moitas compañeiras traballadoras do fogar e sen papeis que non van a poder acceder a ningunha medida social e de protección tras haber sido despedidas por estar en situación irregular. Deixáronnos atrás a pesar de estar en primeira liña sostendo os coidados e haber sido catalogadas como imprescindibles”, afirmaba Edith Espinola como portavoz nos inicios do movemento.    

Da PNL á ILP   

 Como parte do continuo traballo de incidencia política o movemento #RegularizaciónXa e a Coordinadora Obrim Fronteiras apoiadas por máis de 1500 asociacións, organizacións, colectivos e persoas migrantes e antirracistas do Estado español, rexistraron o 19 de xuño de 2020 no Congreso unha PNL (Proposición Non de Lei) que instaba ao Goberno a iniciar un proceso de regularización co respaldo de 8 forzas políticas. Aínda que finalmente a PNL foi rexeitada no Congreso, pese á falta de vontade política mostrada por algúns partidos, este feito supuso un paso histórico na loita das persoas migrantes.   

 A non aprobación da PNL non detivo ao movemento que continuou traballando en rede para seguir posicionado a necesidade dunha regularización. É así como en xuño de 2021 confluiu xunto a varias organizacións na plataforma Esenciales para impulsar unha ILP como parte dunha nova estratexia política que involucre á cidadanía para demandar un proceso de regularización. RegularizaciónXa xunto á Fundación para a Cidadania Globar, Fundación Por Causa, REDES, Alianza para a Solidaridade, e o Partido Por un Mundo Máis Xusto impulsan un obxectivo común, que é o da regularización, nun novo escenario mediante un mecanismo democrático ao alcance da cidadanía tal como a ILP.   

 O texto desta iniciativa argumenta a necesidade da regularización por unha cuestión de acceso a dereitos fundamentais, xa que a irregularidade supón estar nunha condición de vulneración permanente, e a perda dun gran aporte económico e fiscal, pero tamén dunha riqueza cualitativa, para o conxunto da sociedade xa que a irregularidade impide contribuir dignamente con capacidades que son esenciais para o sostemento da sociedade e da vida, entre outros.   

 Para que a ILP de regularización poida ser debatida no Congreso, debe presentar ao menos 500.000 sinaturas válidas de persoas maiores de 18 anos e con DNI español nos próximos sete meses. O proceso require dunha coordinación inxente a través de comités impulsores por cada territorio, do apoio cidadán e dun traballo conxunto de concienciación e recolección para alcanzar a totalidade de sinaturas que respalden a súa chegada e o seu posterior debate no Congreso; aínda como apunta Yeison García, un dos coordinadores estatais da campaña, vai máis alá da obtención de rúbricas “Esta campaña é un proceso político de reforzamento da autoorganización de persoas migrantes e racializadas. Neste sentido, creamos máis de 10 Comités Territoriais, tanto autonómicos como provinciais, para construir poder popular dende abaixo, dende as organizacións antirracistas, é o momento do suxeito político migrante”.  

 Destacan que a regularización non pode quedar no segundo plano na axenda política xa que moitas persoas dependen dela para vivir con dereitos e ter poder de decisión, como o resto da cidadanía, nun país que habitan e do cal tamén forman parte.

Acto: Concentración, acto poético-musical e recollida de sinaturas

Día: 19 de febreiro

Hora: 12:00 - 14:00 horas

Lugar: Praza do Pan (Praza de Cervantes) Santiago de Compostela

Para ter información das accións nos demáis territorios, pódese consultar aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario