22 de feb. de 2022

OIA

Obradoiro infantil de cociña de entroido 

O próximo luns en Viladesuso  

 


Infogauda / Oia

 As nenas e nenos de Oia poderán divertirse, experimentar e aprender sobre a gastronomía de entroido nun obradoiro especial de cociña que se desenvolverá a próxima semana na Casa da Cultura de Viladesuso.  

 O obradoiro infantil de cociña de entroido é unha iniciativa gratuíta organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Asociación de Veciños San Miguel de Viladesuso. Celebrarase o vindeiro luns 28 de febreiro en horario de 10.00 a 13.00 horas.  

 Para participar cómpre inscribirse no rexistro do Concello de Oia, sendo a data límite o xoves 24 de febreiro. As prazas son limitadas e durante o desenvolvemento da actividade será obrigatorio o uso de máscara.  

 Para máis información pódese contactar co Concello nos números de teléfono 639 32 94 93 e 986 36 21 25. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario