4 de feb. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro  

• Dese xeito únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade. 


Vista parcial da fachada do Concello de A Guarda alumeada de cor verde
Foto: C.A.G.
 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda súmase esta semana á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando a fachada da Casa do Concello, na praza do Reló. Deste xeito o concello, que manterá o alumeado ata as 8.00 horas do vindeiro luns día 7 de febreiro, únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.   

 Promovido pola Organización Mundial da Saúde (OMS), o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro; o Día Mundial Contra o Cancro celébrase cada ano dende o 2000, o 4 de febreiro. O principal obxectivo desta efeméride consiste na mobilización social para avanzar cara a prevención, investigación, concienciación e control desta doenza, facendo un chamamento á participación e compromiso de toda á cidadanía.  Este ano e os vindeiros dous, o lema do Día Mundial contra o Cancro será o mesmo “Por uns coidados máis xustos”, para facer unha chamada e reivindicar a falta de equidade existente no mundo en canto á atención oncolóxica.  

 Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos de cancro, unha enfermidade que provoca preto de 10 millóns de mortes anuais. Segundo os últimos estudos prevese que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres teña cancro nalgún momento da súa vida. A prevención é fundamental para poder incrementar as posibilidades de curación e mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario