A CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN A SANGRIÑA
Centrará a sesión extraordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios do vindeiro martes día 8 de febreiro, ás 8:30 horas.
Infogauda / A Guarda
Mediante un decreto da Alcaldía, feito público no día de onte, Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda, convoca unha sesión extraordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios, para o vindeiro martes día 8 de febreiro de 2022, ás 8:30 horas, na Casa do Concello, na cal os membros dese órgano colexiado tratarán o seguinte:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
PUNTO ÚNICO. Expediente 53/2022. PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBACIÓN EXPEDIENTE CONTRATACIÓN OBRAS REFORMA E AMPLIACIÓN PAVILLÓN A SANGRIÑA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario