27 de feb. de 2022

A GUARDA

PARQUE INFANTIL DE CHAN DE CONDE 

TODO A PUNTO PARA GOZAR DA SÚA NOVA VERSIÓN



Aspecto que presenta a nova versión do parque infantil de Chan de Conde, logo da súa remodelación, efectuada neste mes de febreiro
Fotos: Santiago Baz Lomba

Infogauda / A Guarda

 O parque infantil ubicado no enclave coñecido como Chan de Conde, onde - como xa informamos en Infogauda - nas xornadas precedentes foron realizados os traballos necesarios para posibilitar un mellor aproveitamento dese espazo de lecer, sobre todo pola poboación infantil da localidade; xa está a punto para en breve poder gozar da nova versión dese recinto. 

 Ainda que non nos corresponde a nós valoralo, desde este xornal dixital transfronteirizo temos a convicción que nesta ocasión, unha vez o Goberno municipal do Concello de A Guarda, reabra o devandito recinto, o grado de satisfacción dos usuarios infantís, así como das persoas adultas que leven a ese lugar aos máis noviños das familias, vai ser óptimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario