16 de feb. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda felicita a Carmen Rodríguez González no seu 100 aniversario 

 

Carmen Rodríguez González - no centro da imaxe - recibiu a visita e os parabéns do alcalde e da tenente de alcalde, na compaña dos seus familiares

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, visitaron o luns día 14 de febreiro a Carmen Rodríguez González coincidindo co seu 100 aniversario. 

 Carmen Rodríguez González é unha das avoas mais lonxevas de A Guarda, e celebrou o pasado día 11 de febreiro o seu 100 aniversario, na compaña dos seus familiares.   

 Na visita aproveitaron para conversar cos seus familiares sobre aspectos da súa vida e da súa familia, sempre ligada a actividade comercial e a cultura da vila dende que viñeron para A Guarda dende América, fai xa uns 50 anos.  

 No decurso da visita, Carmen recibiu unha homenaxe do concello de A Guarda, de mans do alcalde, Antonio Lomba Baz, e da tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, que quixeron acudir a darlle os parabéns a esta veciña, e un pequeno agasallopor acadar os 100 anos de idade.  

 A familia agradeceu esta visita e amosouse moi agradecida polo recoñecemento entregado a Carmen Rodríguez González.

Ningún comentario:

Publicar un comentario