19 de xan. de 2022

TOMIÑO

Laura Calvo gaña o concurso “Que é para ti a OMIX de Tomiño”   

O debuxo da alumna de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos será serigrafiado en centos de bolsas de tea 

O debuxo de Laura Calvo foi o premiado no concurso “Que é para ti a OMIX de Tomiño”
Fonte: C.T.
 

Infogauda / Tomiño

 Laura Calvo é a flamante gañadora do concurso “Que é para ti a OMIX de Tomiño”. O debuxo da alumna de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos alzouse co premio xunto cunha frase que para ela define a Oficina Municipal de Información Xuvenil, un espazo que traballa na “procura do desenvolvemento da nosa xuventude”.   

 A alcaldesa, Sandra González, destaca o traballo de Laura Calvo e de todas as persoas que participaron neste concurso. “Todas e todos reflexaron moi ben a importancia da OMIX no noso concello”, lembra a alcaldesa, ao tempo que engade que agora o debuxo será serigrafiado en centos de bolsas de tea que van ser repartidas entre todo o alumnado do instituto “cunha gran sorpresa e agasallos no interior”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario