17 de xan. de 2022

O ROSAL

Máis dunha vintena de persoas participou a pasada fin de semana no Curso de Iniciación á Apicultura no Rosal 




Infogauda / O Rosal

 A pasada fin de semana, 15 e 16 de xaneiro de 2022, máis dunha vintena de persoas participaron no curso de iniciación á apicultura realizado no Rosal en colaboración entre www.cursosapicultura.com e Apicultura Niño do Corvo. 

 Un curso de apicultura, ideal para iniciarse neste fantástico mundo das abellas e a produción de mel, no que os participantes obtiveron toda a información para poder iniciarse e coñecer máis sobre a apicultura, coa oportunidade de visitar abellarizas de Apicultura Niño do Corvo no Rosal. 

 “Desde Apicultura Niño do Corvo e www.cursosapicultura.com agradecemos a todos os participantes a confianza depositada en nós, esperando cumprir os  obxetivos marcados e esperando repetir esta gran experiencia proximamente. Apicultura Niño do Corvo é unha empresa situada na rúa Ramón Franco número 21 no Rosal (Pontevedra), dedicada á venda de material, formación e asesoramento para apicultores e para persoas que lles guste e quéiranse iniciar no mundo da apicultura, dixo o emprendedor Marcos Rodríguez Portela.

 Na actualidade elabora o mel “Niño do Corvo”, proveniente do máis dun centenar de colmeas que posúe a empresa en zonas  boscosas da comarca do Baixo Miño, a horta e o xardín do sur da provincia de Pontevedra. 

 Tamén  conta coa súa tenda en liña en www.apiculturagalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario