‘Tres curtas pezas’, tres historias de engano e vinganza este sábado 22 no Rosal
Teatro da Apocalipse representará a obra ás 20.00 horas no auditorio municipal. A entrada será de balde
Infogauda / O Rosal
O teatro volve ao Rosal esta fin de semana. Teatro da Apocalipse chega este sábado 22 a partir das 20.00 horas ao auditorio municipal con ‘Tres curtas pezas’, unha obra recomendada a partir de 12 anos aínda que apta para todos os públicos.
Os e as asistentes desfrutarán de case unha hora de entretemento con estas tres historias de engano e vinganza, tres pezas representadas polo grupo do Baixo Miño tituladas ‘Gastrónomos’, ‘Mentireiro’ e ‘Bar de Ratas’ que plantexan nun ton traxicómico ante o público algunhas das máis antigas miserias humanas.
A obra de teatro será de balde, con entrada libre ata completar aforo, e con todas as medidas de prevención necesarias ante a actual situación sanitaria. A compañía prega acudir con antelación para evitar entrar unha vez comezada a función.
Ningún comentario:
Publicar un comentario