20 de xan. de 2022

O ROSAL

Comezan as visitas as abellarizas de Apicultura  Niño do Corvo 

Ábrense inscricións para os centros educativos que desexen programar as visitas aos  colmenares de Apicultura Niño do Corvo en 2022. 

Tamén se dá o arranque ás visitas de “Experiencias  Apícolas” para todo aquel que desexe coñecer o mundo das abellas con grupos reducidos. 




Infogauda / O Rosal

 Marcos Rodríguez Portela é un novo empresario do Rosal dedicado ao mundo da apicultura e que tras lanzar o seu novo proxecto denominado “Apadriña unha colmea”, mediante o cal fai partícipe, a todo o que o desexe, do proceso de elaboración do mel das súas colmeas, vén de arrincar este ano 2022 con novas visitas ás súas  abellarizas, por unha banda dedicada ao alumnado de centros educativos, e por outra banda, dedicada a “Experiencias  Apícolas”, en grupos reducidos e para particulares, familias, grupos de amigos, etc. 

Visitas escolares 

 Arrinca o ano e cumprindo toda a normativa vixente de seguridade para que os máis pequenos da casa poidan coñecer de primeira man como funciona o mundo da apicultura e que sexan conscientes do gran traballo que realizan as abellas para o medio ambiente e para todo o ecosistema que nos rodea. 


Alumnado dun dos centros escolares que visitaron os apiarios 

 No ano 2021 foron máis de 200 os alumnos de centros escolares de todo o Baixo Miño os que puideron coñecer os nosos  apiarios. Marcos Rodríguez Portela, responsable da empresa e encargado de introducir aos pequenos e pequenas neste apaixonante mundo da apicultura. 

 Os colexios interesados en realizar estas visitas poden ampliar información chamando ao 671 644 541 ou ao 627 556 186. 

Experiencias  apícolas 

 Esta proposta consiste en visitas guiadas a un dos seus apiarios no Rosal, onde os participantes poderán coñecer de primeira man como é o traballo dun apicultor, unha experiencia  apícola única ao aire libre e que se presenta como alternativa turística e de lecer no Rosal. 




 Ademais os participantes participarán nunha degustación de meles, podendo  saborear algunhas dos meles existentes como o Mel de Eucalipto,  Mielato de Carballo, Mel de bosque ou o Mel de flores. 

 Establécese un prezo de 10€ para maiores de 14 anos, 8.50€ para menores de entre 6 e 14 anos e os menores de 6 anos gratis. 

 Todas as persoas que desexen participar, poden reservar xa a súa visita chamando ao 671 644 541 ou enviando un correo electrónico a melninodocorvo@gmail.com 




 Unha experiencia única en contacto coa natureza, con grupos reducidos e con protocolo covid-19 para a seguridade de todos os participantes. 

 A preguntas deste xornal dixital transfronteirizo, Marcos Rodríguez Portela afirma: “Quero que este proxecto sirva para que moita xente que non sabe como se elabora o mel poida ter a oportunidade de coñecer este  mun- do de primeira man, con visitas guiadas, facéndoos partícipes deste proceso”. 

Sobre Apicultura Niño do Corvo  

 Este novo empresario rexenta desde o ano pasado Apicultura Niño do Corvo, situada na rúa Ramón Franco número 21, no Rosal (Pontevedra), unha  empresa dedicada á venda de material, formación e asesoramento para apicultores e para persoas que lles guste e quéiranse iniciar no mundo da apicultura. 

 Na actualidade elabora o mel de bosque “Niño do Corvo”, proveniente do máis dun centenar de colmeas que posúe a empresa en zonas  boscosas da comarca do Baixo Miño, a horta e xardín do sur da provincia de Pontevedra. Tamén  conta coa súa tenda en liña en www.apiculturagalicia.es 

Proxecto “Apadriña unha colmea” 

 Marcos Rodríguez Portela continúa co proxecto nado en 2020, unha nova iniciativa denominada “Apadriña unha colmea”, mediante a cal fai partícipe, a todo o que o desexe, do proceso de elaboración do mel das súas colmeas, mediante unha achega anual.  

 A cambio desta achega anual, que se establece en 50€, o padriño da colmea terá dereito a dúas visitas guiadas ao colmenar, onde coñecerá de primeira man como é o proceso natural da elaboración do mel e, ademais, recibirá a cambio 3kg. de mel da colleita da colmea apadriñada.   

 A idea principal do proxecto é que todo aquel que estea interesado poida apadriñar a súa colmea ou ben regalar estas “experiencias” para coñecidos ou familiares, dando así a coñecer este mundo, poucas veces explorado pola maioría das persoas.  

 Todas as persoas que o desexen, poden apadriñar unha colmea chamando ao 671 644 541 ou enviando un correo electrónico a melninodocorvo@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario