17 de xan. de 2022

DEPORTES

ATLETISMO

EDUARDO GARCÍA E MILU BAZ, PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS AUTONÓMICOS

Os Máster - 45  da Sociedade Atlética do Trega, brillaron esta fin de semana en Ourense e na Pobra do Caramiñal, respectivamente


Eduardo García Fernández, de A Guarda, liderando o podio como 1º clasificado na final C de 800 metros en pista cuberta, na categoría M-45


Emilia Rodríguez Baz (Milu), de  A Guarda - no máis alto do podio - logo de proclamarse campioa de Galicia de Marcha en Ruta 10km

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 O sábado pola tarde, na pista cuberta de Expourense (Ourense), celebrouse, o  XXXIII Campionato Xunta de Galicia Máster Individual e Combinadas en Pista Cuberta. 

 Cun rexistro de 2´13" 77, Eduardo García Fernández, de A Guarda, quedou 1º clasificado na final C de 800 metros en pista cuberta, na categoría M-45. 

 E o domingo ata A Pobra do Caramiñal (A Coruña), desprazouse Emilia Rodríguez Baz (Milu), atleta de  A Guarda, para disputar o XXXIII Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta 10km, no que a nosa marchadora fixo os 10km en 56´27", mellorando a súa marca persoal que era 58´37", quedando 1ª clasificada en Máster – 45 feminino e 7ª na xeral. 

Felicidades aos dous atletas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario