Os Reis Magos visitaron A Guarda
• Fixeron un percorrido en vehículos clásicos polas principais rúas e barrios da vila
Fotos. C.A.G.
Despois da súa visita, na xornada do martes 4 de xaneiro á Residencia e Centro de Día Santa Tecla; o pasado mércores día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente voltaron á vila de A Guarda para realizar un percorrido polas principais rúas e barrios da localidade.
Seguindo o programa previsto, os Reis Magos foron recibidos ás 17:30h, na praza do Reló, polo alcalde Antonio Lomba Baz. Desde o núcleo da antiga vila intramuros, saíu a comitiva real para facer seu percorrido, escoltados por vehículos e efectivos da Policía Local e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).
No seu itinerario visitaron O Castro, A Proba, Pintán, A Gándara, Sáa, Camposancos, o porto de A Guarda, rematando a súa visita á Guarda na Alameda. Foron moitos os nenos e nenas, e persoas adultas, que saíron á rúa para ver ás Súas Maxestades de Oriente, nunha xornada de moita ilusión para os máis pequenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario