CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, PROPÓN QUE O PLENO SOBOR DO PAVILLÓN DA SANGRIÑA SEXA POLA TARDE
Para comezar ás 7:30 ou 8:00, e convertilo nunha asemblea aberta á cidadanía, na que poida intervir calquer persoa que pida á palabra
Infogauda / A Guarda
Na tarde deste venres día 7 de xaneiro de 2022, vimos de receber na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, á seguinte proposta, que foinos facilitada por Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, e na cal dí o seguinte:
SOBRE O PLENO EXTRAORDINARIO DO 11.01.2022
Despois de que os grupos políticos da oposición (Partido Popular e Converxencia Galega) votáramos en contra da proposta do investimento de 1.700.000€ nún mal arranxo que resolve a maioría das deficiencias da instalación do Hangar-Galpón Pavillón), solicitamos nas condicións que marca a Lei e cumplindo tódolos requisitos sinalados (non é unha gracia que por lástima da o Sr. Alcalde) un PLENO EXTRAORDINARIO que foi convocado para o vindeiro martes día 11 as 08.30 da mañá.
Respecto a esta situación, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a plantexar as seguintes cuestións.
1º).- HORARIO.- Este Pleno Extraordinario nos afecta a toda a cidadanía, polo que en aras da participación da veciñanza, deberíamos facer DÚAS reflexións,
a) Convertilo nunha ASEMBLEA ABERTA na que a intervención sexa libre para todo aquel que pida a palabra.
b) Que se abra a intervención ou TURNO DE PALABRA para todas entidades educativas e deportivas que fan uso de ditas instalacións e poder coñecer a fondo as carencias e necesidades.
Para que esto fora o máis democrático, participativo e de acercamento entre o Concello como Administración Pública máis próxima o cidadán, tería que facerse de maneira que fose cambiado para un horario da tarde e poderan estar presentes os guardeses/as que quixeran e que súa xornada laboral fose compatible, polo que debería TRASLADARSE O PLENO como mínimo para ás 7.30 ou 8 da tarde.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que os discursos “progresistas” de participación, de proximidade e de MÁIS DEMOCRACIA, deben vir acompañados de feitos, e esta é unha oportunidade moi boa para demostralo por parte do Grupo de Goberno do PSOE.
A Guarda, a 07 de xaneiro de 2022
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario