14 de xan. de 2022

A GUARDA

O concello de A Guarda continúa traballando a prol da igualdade de xénero  

A institución municipal vén de adherírse ao "Manifesto de Soutomaior, declaración de mulleres autoras e editoras galegas"


O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, asinando o "Manifesto de Soutomaior, declaración de mulleres autoras e editoras galegas"

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 No dia de hoxe o Concello de A Guarda adheriuse ao "Manifesto de Soutomaior, declaración de mulleres autoras e editoras galegas", que reclama dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e das letras.  

 O Día das Escritoras é unha conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 e promovida por Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de xénero na cultura, para recuperar o legado das mulleres autoras e editoras e facer visible o traballo delas na literatura e combater a discriminación sufrida ao longo da historia. 

 O pasado 8 de novembro de 2021 a Deputación de Pontevedra uniuse ao festexo desta sexta edición e conmemorou este día no Castelo de Soutomaior cunha xuntanza de mulleres, autoras e editoras galegas, e xestoras públicas da Deputación. 

 Tras a celebración, os faladoiros e as reflexións, o debate concluíu coa sinatura dun manifesto histórico, denominado Manifesto de Soutomaior, que toma como exemplo o modelo do manifesto Séneca Falls do século XIX porque inclúe doce decisións, o motor de traballo futuro para conseguir a igualdade.  

 "Desde o Concello sumámonos a este Manifesto e reclamamos así mesmo dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e letras, nas que tamén existe a fenda de xénero, e comprometémonos a poñer en marcha iniciativas en prol de acadar a igualdade neste eido no que a situación das autoras e editoras é aínda desalentadora", afirmou o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario