14 de xan. de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

Rexional Preferente Galicia 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A U. D. BARBADÁS

O domingo día 16 de xaneiro de 2022, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de comezar este 2022 coa xornada 16ª da categoría Rexional Preferente Galicia 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B, disputada o pasado domingo día 9 deste mes de xaneiro, acadando unha victoria (0-1) no feudo da A.C.D. Polígono S. Cibrao; o Sporting Guardés prepárase para o encontro deste domingo día 16, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña. Nesta ocasión o equipo visitante será a U.D. Barbadás.

 O equipo ourensan - situado no 4º posto da táboa clasificatoria -, conta con 25 puntos no seu haber, logrados nas 11 xornadas que leva disputadas, habendo gañado oito partidos, empatou un encontro e perdeu dous.

 No que respecta aos goles, contabiliza 15 a favor e 9 en contra.

 Pola súa banda o Sporting Guardés - clasificado na 6ª posición da táboa -, ten 20 puntos. Logrounos nas 15 xornadas que leva disputado, habendo gañado en cinco ocasións, empatado noutras cinco e coñecendo á derrota, tamén noutras cinco.

 En canto a goles, o equipo de A Guarda contabiliza 11 a favor e 15 en contra.

 Con eses datos, a priori todo semella indicar que o equipo favorito poida ser o visitante, máis como no fútbol non existe a ciencia pura, os seareiros guardesistas están chamados a acudir ao estadio municipal de A Sangriña. E alí apoiar deportivamente coa súa presenza e seu alento, ao Sporting Guardés, desfrutar do encontro que ambos os dous equipos van ofrecer, e agardar ao pitido final do colexiado de turno para coñecer o resultado final.

 En todo caso, coidamos que o encontro ten suficientes alicientes para que as respectivas afeccións desfruten dunha tarde de bo fútbol. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario