3 de xan. de 2022

A GUARDA

Os Reis Magos farán este mércores, un percorrido polas principais rúas e barrios da Guarda  

• O martes 4 de xaneiro, ás 17:30h, na Alameda da vila, cita con Circo Rasnovarak  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda da a benvida ao 2022 con actividades para todas as idades, contando con animación de circo, Carteiros do Nadal e a visita dos Reis Magos.  




 Na xornada deste martes día 4 de xaneiro, a Alameda da vila será o escenario para Circo Rasnovarak, de Troula Animación. Un circo itinerante, un pouco delirante,…, onde a única condición é… pasalo en grande! 

 Neste espectáculo de animación Nika chega puntual, coma sempre, ó punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas... Non hai ninguén! 

 Ao intre aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade! Haberá que saír a buscalos! 

 Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais: O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón! 

 Comeza entón unha divertida tarefa onde irán aparecendo estes simpáticos animais: música, animación, interacción co público, carreiras, tolemias, xincanas, bailes,... Unha aventura para pasalo en grande toda a familia!  

 Na xornada do mércores día 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán o Concello de A Guarda. Ás 17:30 h, na praza do Reló, serán recibidos polo alcalde. Dese xeito, desde a que foi a vila intramuros, sairá a comitiva real para visitar as principais rúas e barrios da localidade. No seu percorrido visitarán O Castro, A Proba, Pintán, A Gándara, Sáa, Camposancos, o Porto da Guarda, rematando a súa visita na Alameda da Guarda. 

 Debido ao protocolo COVID-19 os Reis Magos non realizarán paradas, evitando así aglomeracións. 

Dende o Concello de A Guarda pídese á poboación que evite espazos de gran afluencia e que se cumpran coas medidas sanitarias.  




 Entre o 3 e o 5 de xaneiro os Carteiros do Nadal estarán por diferentes espazos e rúas da vila recollendo as cartas dos nenos e nenas, en horario de 17:00 a 20:00h os días 3 e 4 de xaneiro; e en horario de 11:30 a 14:30h o 5 de xaneiro. 

AXENDA DE NADAL

 

DO 3 AO 5 DE XANEIRO

CARTEIROS DO NADAL polas rúas de A Guarda

Horario: 

Días 3 e 4, de 17:00 a 20:00h.

Día 5, de 11:30 á 14:30h.

MARTES 4 DE XANEIRO

17:30h Alameda

CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación

Espectáculo de rúa con animais xigantes

MÉRCORES 5 DE XANEIRO

Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade a partires das 17:30h

Ningún comentario:

Publicar un comentario