A música continúa no Rosal co XI Concerto Coral Ecos do Nadal
A Coral Ecos do Folón, de Fornelos, actuará este sábado 11 ás 19 horas, no auditorio acompañada do Coro Passionato, de Tomiño
Infogauda / O Rosal
A música continuará esta fin de semana no Rosal, coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas, organizada pola Coral Ecos do Folón, de Fornelos, en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, o Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Mariña, de O Rosal.
O espectáculo será o vindeiro sábado 11 de decembro ás 19.00 horas no auditorio municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
Nesta actuación, a Coral Ecos do Folón estará acompañada polo Coro Passionato, de Tomiño. O público poderá desfrutar dun repertorio especial de nadal baixo a dirección de Jorge Fernández González, e dun espectacular final en grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario