O alumnado do CPI Suárez Marquier reflexiona sobre violencia de xénero coñecendo o traballo do CIM da Guarda
O Concello do Rosal rematou a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social, Yolanda Villaverde, no centro educativo
Yolanda Villaverde, traballadora social e coordinadora do Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, nun momento da charla co alumnado de 3º da ESO do CPI Suárez Marquier
Foto: C.O. R.
Infogauda / O Rosal
O Rosal rematou onte a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social e coordinadora do Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, Yolanda Villaverde, co alumnado de 3º da ESO do CPI Suárez Marquier. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que para os rapaces e rapazas “coñecer casos reais a través dunha profesional axúdalles a visibilizar a lacra da violencia de xénero”, e por iso “apostamos por esta charla como peche para o noso 25 N”.
Os rapaces e rapazas tamén viron unha curta e falaron da “escalada” da violencia de xénero entre a poboación máis nova. A rexedora destaca que “para o Concello é moi importante que os rapaces e rapazas reflexionen sobre violencia de xénero, xa que son uns actores e actrices imprescindibles para o cambio na nosa sociedade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario