ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, SUPEROU A MELLOR MARCA ESPAÑOLA DE SEMPRE, NOS 2.000 METROS LISOS INDOOR
Ese destacdo logro foi rexistrado na pista cuberta de Expourense, na categoría infantil Sub-14
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Apenas transcorreron 7 días onde Álex Sierpes Pereira, acababa de establecer a mellor marca española de todos os tempos nos 3.000 metros lisos ao aire libre, nas pistas de Pontevedra con eses marabillosos 9´10" 7.
Pois, volveuno facer, onte domingo, en xornada de tarde, na pista cuberta de Expourense, no antes chamado Campionato Galego de Clubs, que pasou a chamarse actualmente Trofeo ABANCA 2021 Pista Cuberta por equipos.
A nosa nova perla do Baixo Miño, participou formando equipo co noso filial o Atletismo Ourense, e realizou a proba dos 2.000 metros lisos, na cal partía como claro favorito. Saíu moi valente, afrontando e facendo a súa carreira en solitario, dobrando a todos os seus rivais, entrando só en meta, parando o cronómetro por baixo dos 6´, cravando unha marca de 5´58". Dese xeito, fixo unha media de 2´59" o km, levándose por diante o récord galego da distancia, que estaba en posesión de Miguel González Carballada desde o 20 de marzo de 2011, e rebentando a mellor marca española de todos os tempos na clasificación de 2,000 ml Indoor, na categoría Sub14 infantil, marca que establecera o 12 de marzo de 2011, Novad Mbaki.
E para pechar o campionato con broche de ouro, Álex Sierpes Pereira lograría axudar coa súa vitoria no Campionato xeral de puntos ao Atletismo Ourense, proclamándose primeiros por equipos con 96.5 puntos, por diante do Adas Proinor e Marineda Atlético.
Con esta grandísima actuación do noso neno prodixio, repasamos o que este mozo talentoso escribiu esta pasada tempada, cuns rexistros inigualables onde gañouno todo, quedando na categoría Sub14, primeiro clasificado en:
• Campionato de Galicia inverno /2.000 ml: 6´17" 6 (Pontevedra).
• Campionato de Galicia Clubs /1.000 ml: 2´56" 86 (O Barco de Valdeorras).
• Campionato de Galicia ao aire libre /1.000 ml obstáculos con ría 3´03" 68 + récord galego (Vigo).
• Campionato de España por equipos /1.000 ml: 2´44" 52 + récord do campionato (Xixón).
• Campionato de Galicia por equipos pista cuberta Ourense /2.000 ml: 5´58" + mellor marca española de sempre + récord autonómico (Ourense).
• Campionato de Galicia en roteiro 1.000 ml: 2´57" + récord galego (Santiago de Compostela) .
• Récord de España dos 3.000 ml: 9´10" 7 (Pontevedra) .
Campión dos Crosses:
• Cros Internacional Amorebieta (País Vasco).
• Cros Internacional Soria.
• Cros Internacional Atapuerca (Burgos).
• Cros Internacional Alcobendas (Madrid).
• Cros Nacional Sonseca (Toledo).
• Cros Cantimpalos (Segovia).
E con esta gran actuación, quizais Álex peche a mellor tempada da súa traxectoria atlética, empezando a mentalizarse para o novo cambio de categoría, que se establecerá o 1 de xaneiro do 2022 que pasará a Sub16, onde toca seguir mellorando, adaptándose a unha complicada categoría.
Desexámoslle sorte e que goce dunhas mini-vacacións onde toca recuperarse e buscar novos obxectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario