A igrexa de A Guarda acolleu o tradicional concerto de Panxoliñas
Evento organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, coa colaboración do Concello e da parroquia de Santa María
Infogauda / A Guarda
A programación do Nadal 2021 continúa na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.
Na xornada do domingo día 19 de decembro, a igrexa parroquial de Santa María acolleu o tradicional Concerto de Panxoliñas, organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda en colaboración co concello guardés.
Ante un público entregado e moi animado, actuaron o Grupo Antorcha, o Coro Cantábile, e a coral anfitrioa, respectivamente. Fixérono de xeito individual, interpretando temas propios destas datas de nadal e finalmente interpretaron unhas obras en conxunto.
A concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, en representación do Concello de A Guarda, fixo entrega duns agasallos a cada unha das agrupación participantes, así como ao párroco Jesús García Villadóniga, pola súa colaboración.
Asemade, compoñentes da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda fixeron entrega duns ramos de flores as demáis entidades que participaron nesta edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario