A "PENA DO CEMENTO" DESPIDE 2021 NA PRAIA DE AREA GRANDE
Grupos familiares da contorna, desfrutan do sol e da auga desta fermosa praia guardesa
Foto de familia dos compoñentes e amigas/os da Pena do Cemento, na praia de Area Grande (A Guarda)
Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Cumplindo coa tradición, os compoñentes da Pena do Cemento, voltaron, como cada 31 de decembro, a bañarse nas augas iodadas e salutíferas, da praia de Area Grande, no termo municipal de A Guarda.
Ademais dos membros do devandito colectivo, sumáronse ao lúdico evento, grupos familiares de toda a contorna, acreditando un valor digno de mención, pois ainda que nestes días desfrutamos dunhas temperaturas impropias destas calendas de decembro, a auga do Océano Atlántico, nesta privilexiada ubicación, rexistra unha temperatura acorde coa época na que estamos.
Ese é o xeito que teñen os compoñentes da Pena do Cemento, de celebrar en ambente de amizade e camaradería, a Fin de Ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario