A Guarda promocionouse no “IV Forum do Camiño de Santiago. FAIRWAY 2021″
Durante o evento, o Concello de A Guarda participou no espazo adicado as reunións de traballo, con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda participou por terceira vez nas xornadas profesionais do IV Fórum do Camiño de Santiago. Fairway 2021, que se celebrou os días 8 e 9 deste mes, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
Durante as dúas xornadas o Concello de A Guarda participou no espazo adicado as reunións de traballo, con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais, como Viajes Camino de Santiago, Camino Ways, The Real Thing, Galicia Incoming, Marly Camino, Fresco Tours,....
Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello sobre as novas necesidades teñen os peregrinos trala pandemia, ademais de coñecer cales son as novas tendencias e peticións dos peregrinos ante a nova situación.
Os contactos mantidos coas axencias e tour operadores confirmaron que estas empresas xa coñecen A Guarda como destino, co seu referente o Monte Santa Trega, e que gran parte xa inclúen dentro dos seus servizos e produtos o noso concello.
Nestas reunións ampliouse a información da vila referente a cultura mariñeira, a gastronomía e o seu patrimonio, e ao mesmo tempo, reforzando que A Guarda é o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.
Ademais destes encontros profesionais, a programación da Fairway permitiu valorar a situación trala pandemia e os retos aos que se presentan os Camiños de Santiago, institucións, sectores económicos (aloxamentos, axencias,…) e os propios peregrinos.
O Camiño Portugués da Costa estivo presente co seu posto. na caseta de Turismo Rías Baixas.
Ademais, compre salientar que a organización do Fairway convidara o venres 5 de novembro as axencias a unha viaxe en familia, na que visitaron o Monte Santa Trega como lugar destacado no Camiño Portugués da Costa e, así trasladaron nas reunións mantidas, que o Trega ten unha beleza espectacular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario