17 de nov. de 2021

O ROSAL

O Concello do Rosal lembra que as biotrituradoras municipais están disposición da veciñanza  

As persoas que o desexen poden solicitala na web da concellería de Medio Ambiente 

 

O Concello do Rosal cede á veciñanza, gratuitamente, as biotrituradoras municipais

Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal lembra á veciñanza que as biotrituradoras municipais están a súa disposición para xestionar os seus restos vexetais. As persoas que o desexen poden solicitala na web da concellería de Medio Ambiente de maneira gratuíta indicando a data de recepción e a de devolución, tendo en conta que o tempo máximo de préstamo é dunha semana por cada solicitude. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a “aproveitar este servizo en troques das queimas, moito máis nocivas co medio ambiente e menos rendibles”.  

 O Concello creou este servizo para dar unha saída sostible aos seus restos vexetais. A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente Salcidos, explica que no Rosal xéranse unhas 230 toneladas deste tipo de restos ao ano. “Non queríamos que rematen co lixo normal ou que sexan queimados” e, por iso, “cedemos as biotriturados para que a veciñanza poda triturar os teus propios restos vexetais de xeito cómodo e de balde”, conclúe. 

 O equipo da concellería de Medio Ambiente lembra que as biotrituradoras funcionan con restos leñosos procedentes de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras, viña, árbores ornamentais, restos de xardinería… Pero non son aptas con herba, restos de flores, follas, plantas arrincadas, cepellón, restos de madeiras procedentes de mobles e materiais duros tales como ferros, pedras… Tamén aproveita para lembrar aos veciños e veciñas que conten cun composteiro individual que os restos leñosos triturados son “un estruturante ideal” para empregar no composteiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario