A Xunta de Galicia pon en valor o traballo do Centro Especial de Emprego San Xerome para a inclusión laboral das persoas con discapacidade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as dependencias de San Xerome na Guarda e participou nunha mesa redonda sobre formación profesional dual
Dez persoas con discapacidade intelectual participan neste centro nun programa de formación dual en materia de limpeza de superficies e mobiliario
Infogauda / A Guarda
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, personalizou hoxe no centro especial de emprego San Xerome da Guarda o papel relevante que estas entidades xogan en Galicia, na consolidación dun mercado laboral inclusivo que se nutra da diversidade de todas e todos e fomente valores como a igualdade de oportunidades e a cooperación.
“O papel crucial dos centros especiais de emprego, e tamén dos programas que os nutren, reflíctese no crecente número de persoas usuarias”, especificou Lorenzana. Nos últimos dez anos tense “máis que duplicado” ao pasar das 1.296 usuarias en 2009 ás 3.394 do pasado ano.
No caso de San Xerome, uns 120 usuarios reciben apoios e servizos profesionais para favorecer o seu crecemento persoal integración socio-laboral, igualdade de oportunidades, desenvolvemento comunitario e inclusión.
A conselleira de Emprego e Igualdade co alcalde e membros da Corporación Municipal de A Guarda, co director do Centro San Xerome Emiliani, monitores e alumnado do programa de formación dual para persoas con discapacidade
Dentro deste grupo, seis homes e catro mulleres, participan nun programa de formación dual para persoas con discapacidade, centrado la limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais, un área en crecente demanda a causa da pandemia.
Lorenzana fixo mención ao éxito desta iniciativa, unha experiencia piloto iniciada en 2019 que “marca o camiño polo que debemos seguir” xa que “combina de forma estratéxica a formación e o emprego, xerando unha sinerxía perfecta que reverte moi positivamente na mellora da inserción laboral das persoas usuarias”, remarcou.
Participan desta formación dual un total de seis entidades, catro delas situadas na provincia de Pontevedra -ademais de San Xerome, toman parte a entidade Juan María Empleo de Vigo, Accesca Emprego do Porriño e a Fundación Juan XXIII de Pontevedra-. A iniciativa contra cun orzamento para o período 2019-2021 de tres millóns de euros.
Lorenzana puxo en valor a aposta do seu departamento polo emprego inclusivo. A Xunta, destinou en 2021, 20 millóns de euros a apoiar a inclusión laboral de 3.500 persoas con discapacidade en 110 centros especiais de emprego. Estas axudas, que se duplicaron desde 2016, destínanse a promover a integración laboral do colectivo.
Os orzamentos para 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, contemplan novidades “moi interesantes”, adiantou, como a posta en marcha dun servicio de intermediación avanzado para persoas con discapacidade, ao que se destinarán 5,5 millóns de euros, e que se desenvolverá en colaboración coas entidades, anunciou a representante da Xunta.
En total, en 2022 destinaranse 35,5 millóns de euros, no Plan Emprega Colectivos Vulnerables, para a formación e a inclusión laboral das persoas con máis dificultades para acceder ao mercado de traballo pola súa discapacidade ou por atoparse en situación ou en risco de exclusión social.
Coa súa presenza na Guarda, a titular de Emprego quixo valorizar o labor social que desempeñan entidades como San Xerome Emiliani a favor “da solidariedade, a igualdade de oportunidades, a inclusión social e a cooperación” que desde 2009 contou con apoios económicos da Xunta por valor de máis de medio millón de euros.
Puxo como modelo os traballos de mantemento dunha horta que contactaron ao centro os propietarios dunha casa rural a persoas con discapacidade intelectual. Actuacións como esta, incidiu, “poñen en valor o traballo ben feito pola integración, a formación ocupacional e a facilitación de oportunidades sociolaborais”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario