A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN VAI CELEBRAR O SEU TRADICIONAL CONCERTO DE SANTA ICÍA
· Este sábado 27 de novembro, ás 19:30 horas, no Auditorio de Goián
Infogauda / Goián
A Agrupación Musical de Goián celebra este sábado (27 de novembro) o seu tradicional Concerto de Santa Icía 2021, organizado esta vez ao redor do tema "Lendas e Castelos".
A cita será no Auditorio de Goián as 19.30h, coa participación da Banda Xuvenil e da propia agrupación.
A organización, que conta co apoio do Concello de Tomiño, prega que se respeten as normas de hixiene para evitar contaxios (levar máscara e desinfectar as mans antes de entrar na sala).
Ningún comentario:
Publicar un comentario